O CIM en acción
Compostela,
cidade feminista
Máis alá da atención individual, o CIM impulsa iniciativas e programas que transforman a cidade. Campañas, protocolos, programas educativos e celebracións que constrúen unha Compostela máis igualitaria, segura e diversa.
VIOLENCIA DE XÉNERO
Prevención e resposta
Iniciativas municipais para previr a violencia de xénero, sensibilizar a cidadanía e crear espazos máis seguros para todas.
Campañas 25N
Troula segura
Construíndo cidade
Programas e iniciativas para avanzar cara á igualdade real entre mulleres e homes en todos os ámbitos da vida compostelá.
Campañas 8M
Compigual
Igualdade en centros educativos
Territorio das mulleres
Puntos violeta
Cidade diversa
Colectivo LGBTIQ+
Desde 2018, Santiago reafirma o seu compromiso cunha cidade aberta, segura e respectuosa coa diversidade afectiva e sexual.
Campañas Compostela Diversa
Conciencia e acción
Trata de seres humanos
O CIM de Santiago desenvolve cada ano unha campaña de sensibilización sobre a trata de seres humanos, con especial atención á trata con fins de explotación sexual, a forma máis frecuente que afecta ás mulleres e nenas.