Acordo de concesión das subvencións para o fomento da igualdade
A Xunta de Goberno Local aprobou no día de hoxe a concesión de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, bisexual, transexual, intersexual e queer (LGBTIQ+) para o ano 2026.
En total, concedéronse axudas por un importe de 22.400 euros a oito entidades beneficiarias: Arelas, Acadar, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), Fademur, Plataforma polo Emprego, Movemento pola Paz, Hockey Club Raxoi e Arraianas. Cada unha delas recibe unha subvención de 2.800 euros
