O CIM
Un centro pioneiro
ao servizo das mulleres
O Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela é un servizo público municipal con máis de 30 anos de traxectoria traballando pola igualdade real entre mulleres e homes. Prestamos atención integral, gratuíta e confidencial a través de tres áreas especializadas: xurídica, psicolóxica e social.
O CIM é un espazo seguro e de confianza ao que calquera muller pode acudir a buscar información, apoio ou acompañamento, sexa cal sexa a súa situación. Non é necesario xustificarse nin demostrar nada: só precisas dar o paso.
A nosa misión
Dar atención integral ás vítimas de violencia de xénero e promover a igualdade real entre mulleres e homes, traballando para eliminar todas as formas de discriminación machista na cidade de Santiago de Compostela.
QUE PODEMOS FACER POR TI?
Atención integral en catro áreas
Desde o CIM ofrecemos orientación, apoio e asesoramento de forma coordinada. As catro áreas traballan de maneira conxunta para dar a cada persoa a resposta que necesita.
1
ÁREA XURÍDICA
Orientación legal especializada en dereito de familia, violencia de xénero e igualdade.
- Separacións, divorcios, custodia e pensións
- Dereito civil, penal, administrativo e laboral
- Acceso á xustiza gratuíta
- Discriminación por razón de xénero
- Violencia de xénero dixital e en liña
2
Área psicolóxica
Apoio emocional e acompañamento profesional individualizado.
- Intervención en situacións de violencia de xénero
- Ansiedade, depresión, baixa autoestima
- Acompañamento a mulleres vítimas de violencia
- Atención a fillas e fillos afectados
- Recuperación emocional a longo prazo
3
ÁREA SOCIAL
Información sobre recursos, axudas e itinerarios para mellorar a túa situación e a das persoas ao teu cargo.
- Prestacións socioeconómicas
- Derivación a outros recursos municipais
- Coordinación con servizos e entidades
- Acompañamento social
- Mobilización de recursos sociais
4
Área comunitaria e de sensibilización
O CIM traballa máis alá da atención individual: impulsamos a sensibilización, a formación e a participación social para construír unha cidade máis igualitaria.
- Xornadas, actos e campañas en datas clave: 8M, 25N, 18 de outubro, 28 de xuño…
- Obradoiros e charlas sobre prevención da violencia de xénero
- Actividades de sensibilización abertas á veciñanza
- Formación en igualdade para profesionais e entidades
- Colaboración con centros educativos e asociacións
- Programas de prevención entre a mocidade
QUEN TE VAI ACOMPAÑAR?
Un equipo multidisciplinario ao teu carón
O CIM conta cun equipo de profesionais especializadas en diferentes ámbitos que traballan de forma coordinada para ofrecer a cada muller a atención que precisa. Persoas preparadas para escoitar, apoiar e acompañarte.
Rita
Coordinadora e directora do CIM
Clara
Asesora xurídica
Loli
Psicóloga
Gloria
Traballadora social
Axente de igualdade
Marisa
Administrativa
O CIM AO LONGO DOS ANOS
Máis de 30 anos pola igualdade
Desde a súa creación, o CIM de Santiago foi un referente no traballo pola igualdade e a loita contra a violencia de xénero en Galicia. Esta é a nosa historia.
ENTIDADES COAS QUE COLABORAMOS
Traballamos en rede
Dende o CIM colaboramos con entidades públicas e privadas para ofrecer unha resposta coordinada e integral ás necesidades das mulleres en Santiago de Compostela.
Unidades de Saúde Mental dos distintos centros de saúde
Centros de Saúde de Atención Primaria
Asociacións de mulleres, secretarías da muller dos sindicatos e vogalías da muller das asociacións veciñais do concello
Institutos de Ensino Secundario e Bacharelato de Santiago de Compostela
Centros de Educación Primaria de Santiago de Compostela
Centros de Educación Infantil de Santiago de Compostela
















