NOVAS

“Isto tamén vai contigo”: O Concello de Santiago chama á acción no Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos

“Isto tamén vai contigo”: O Concello de Santiago chama á acción no Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos

A campaña contra a trata promovida polo Departamento de Igualdade coloca este ano a mirada sobre a sociedade que a rodea, a demanda que pode alimentala e a capacidade de cada persoa para contribuír a combatela. O domingo 18 instalarase un punto informativo na praza do Toural.

‘Isto tamén vai contigo. Trata de ti, trata de min, trata de todas nós’ é o lema da campaña deste ano do Concello de Santiago con motivo do Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos, que se conmemora cada 18 de outubro. 

Coa chamada “sé parte da solución, non do problema”, o Goberno municipal interpela a veciñanza e busca  sensibilizar para romper a indiferenza social sobre a trata e entendela como unha cuestión de dereitos humanos ante a que toda a sociedade ten responsabilidade.

Así, a campaña promove unha actitude activa de rexeitamento, detección, información e denuncia desta vulneración dos dereitos humanos, que afecta sobre todo a mulleres, e reivindica que as persoas non son produtos, non teñen prezo e non poden ser tratadas como mercadoría.

Deste xeito, o Departamento de Igualdade do Concello de Santiago centra a mirada sobre a sociedade que rodea a trata, a demanda que pode alimentala e a capacidade de cada persoa para contribuír a combatela. A través dun código QR, o cartel da campaña permite informarse máis a fondo e coñecer o que pode ocultarse detrás da realidade da explotación e os mecanismos de denuncia aos que se pode recorrer.

Punto informativo o domingo na praza do Toural

Para tomar nota sobre esta problemática e coñecer de que maneira podemos actuar contra ela, o Concello de Santiago instala un punto de información e sensibilización na praza do Toural este domingo, 18 de outubro, de 11.00 a 18.00 horas. 

Nesta carga informativa poderanse recoller diferentes materiais e coñecer como contribuír a combater este problema. A campaña difundirase tamén a través das redes sociais.

A trata de persoas é unha das violacións máis graves dos dereitos humanos. Na súa acepción máis ampla, inclúe tanto as múltiples formas de tráfico co fin de explotación sexual como a extracción e comercio de órganos e o tráfico de seres humanos coa fin de explotación laboral, tanto para realizar as tarefas máis penosas en condicións de sometemento, como para efectuar traballos domésticos desde unha posición de servidume.

A trata de seres humanos coa fin de explotación sexual, especialmente de mulleres e de nenas, as súas principais vítimas, constitúe unha das vertentes máis crueis deste comercio ilícito, que constitúe unha clara expresión da violencia machista. 

A través da visibilización, o Concello de Santiago busca contribuír á concienciación sobre este fenómeno que afecta especialmente ás mulleres, que se atopan en maior situación de vulnerabilidade á captación polas desigualdades de xénero.

Na xuntanza analizáronse as cifras que manexan as distintas entidades a respecto da incidencia da violencia de xénero e que, en grandes liñas, indican tanto un incremento de denuncias policiais como de consultas no CIM durante o último período. Ante estes datos, a Mesa acordou reforzar a sensiblización entre a poboación máis nova e convocar os dous grupos de traballo, o de “prevención e educación en valores de Igualdade” e o de “coordinación das intervencións e seguimento de casos”.

O obxectivo é traballar activamente coa mocidade posto que, segundo a memoria do CIM de Santiago de Compostela, séguese detectando que as mulleres comprendidas na franxa de idade entre os 17 e os 25 anos son as que menos utilizan os recursos municipais. Mentres que na franxa de persoas maiores de 65 anos, que era a outra das franxas que menos se dirixían ao CIM en períodos anteriores, si se detectou un lixeiro incremento das consultas nos últimos meses.

No relativo á sensibilización entre a xente moza, acordouse intensificar as accións no marco do ámbito educativo, e realizar material de difusión específico para este segmento de idade. 

Atendendo aos informes do CIM, desde o ano 2023 aumentou un 26.97% o número de persoas atendidas nos servizos municipais de Igualdade e a maior porcentaxe das persoas atendidas corresponde a mulleres entre 26 a 45 anos de idade, seguido das persoas entre 46 e 64 anos. En concreto, o 85,23% das persoas atendidas no último ano teñen entre 26 e 64 anos.

A maior parte da poboación atendida desde Igualdade-CIM, son mulleres con problemática de violencia de xénero por parte da parella ou ex-parella, mulleres que inician proceso de separación, divorcio ou trámite de garda e custodia, ou familias ou persoas que presentan dificultades nas súas relacións persoais e familiares. Ademais obsérvase que a violencia de xénero segue a ser o principal factor de risco que dificulta de maneira moi significativa o desenvolvemento persoal das mulleres atendidas.

· Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela · O CIM Compostela · Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela · O CIM Compostela · Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela · O CIM Compostela · Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela · O CIM Compostela · Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela · O CIM Compostela · Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela · O CIM Compostela ·· Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela · O CIM Compostela

Novas relacionadas