Recursos, axudas e espazos
Todo o que o CIM pon ao teu alcance: a Casa Xohana Torres, axudas económicas, guías de recursos, plans de igualdade e o Premio Xohana Torres para impulsar o coñecemento sobre as mulleres en Galicia.
RECOÑECEMENTO
Premio Xoana Torres
Desde 1993, o Concello de Santiago recoñece anualmente traballos de investigación, ensaio e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega.
Convocatoria anual I 2.500€ por modalidade
Ensaio, investigación
e creación audiovisual
Traballos sobre a participación das mulleres na sociedade galega: históricos, políticos, científicos, literarios ou artísticos. Aberto a persoas físicas e agrupacións sen personalidade xurídica.
ESPAZO E RECURSOS
Casa das Mulleres Xohana Torres
Inaugurada en 2017, a Casa das Mulleres Xohana Torres é un equipamento municipal de referencia para as mulleres e o colectivo LGTBIQ+ de Santiago de Compostela. Un lugar aberto para reunirse, reflexionar, crear redes e impulsar proxectos que avancen cara á igualdade real.
Ofrece atención presencial e en remoto de luns a venres, de 09:00 a 19:00 h, con programación propia de actividades relacionadas coa prevención das violencias machistas, educación e saúde sexual, interseccionalidade e autocoidados.