CASA

Xohana Torres

A CASA XOHANA TORRES

Dámosche a benvida

A Casa Xohana Torres é moito máis que un espazo físico. Naceu para dar resposta á demanda das mulleres e do movemento feminista de Santiago, comprometida coa loita pola igualdade e a xustiza social. O seu propósito é ser un punto de encontro, reflexión e acción para as mulleres e o colectivo LGBTIQ+, onde se impulsen a igualdade real e a participación activa.
Ven e participa! Ti tamén navegar…

A casa Xohana Torres

Un espazo de apoderamento e transformación social

A Casa é un motor de cambio, un espazo no que se fomenta a reflexión sobre a igualdade e onde se traballan proxectos que promoven a transformación social. Aquí, técense redes de solidariedade e compártense saberes para avanzar as loitas feministas, creando un espazo aberto, diverso e inclusivo, no que se busca a igualdade efectiva en todos os ámbitos da vida.

Atención presencial

Horario

Luns, mércores e venres
09:45 a 13:00 h

Martes
16:00 a 19:30 h

· A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES

Quen é

Xohana Torres

Xohana Torres (Santiago de Compostela, 1929 – Vigo, 2017) foi unha das escritoras máis relevantes da literatura galega contemporánea. Poeta, narradora e dramaturga, a súa obra abrangue diversos xéneros. A súa novela, Adiós, María (1971), foi a primeira novela galega publicada por unha muller tras a longa noite de pedra. Dar nome á Casa das Mulleres é un recoñecemento á súa figura inspiradora e á súa aposta por unha Galiza libre, feminista e creativa. Fronte a este espazo, unha estatua lémbranos que as mulleres sostemos a metade do mundo. Ela foi quen deu azos ás xeracións vindeiras co seu Eu tamén navegar

Conciencia e acción

Que futuro imaxinamos?

Soñamos cunha sociedade xusta, igualitaria e libre de violencias machistas, onde todas as persoas poidamos vivir con dignidade, autonomía e liberdade, independentemente da nosa identidade ou orientación sexual.

A Casa Xohana Torres quere ser motor desa transformación, un espazo onde os feminismos se materialicen en accións reais, en políticas públicas efectivas e en redes solidarias que loiten pola igualdade en todos os ámbitos.

A CASA XOHANA TORRES

Como podemos transformar a realidade xuntas

A nosa misión é ofrecer un espazo de referencia para as mulleres e persoas LGBTIQ+ da cidade, un lugar onde atoparse, colaborar, aprender, crear e loitar por unha igualdade real.

Fomentamos a participación activa, o asociacionismo, a corresponsabilidade, a innovación social e o coidado mutuo como principios fundamentais da nosa actividade. O noso equipo está á túa disposición para ofrecer apoio e impulsar a visibilidade das loitas feministas e LGBTIQ+.

A Casa Xohana Torres

Que facemos?

ORIENTACIÓN E APOIO EN IGUALDADE

Ofrecemos información sobre programas, servizos e recursos municipais dirixidos ás mulleres e á diversidade.

PROMOCIÓN DO ASOCIACIONISMO FEMINISTA E LGBTIQ+

A Casa é un lugar aberto ás entidades que traballan por unha sociedade máis igualitaria, ofrecendo espazos de encontro e colaboración.

ACTIVIDADES FORMATIVAS E CULTURAIS

Contamos con programas mensuais que promoven o pensamento feminista, a igualdade e o benestar das mulleres a nivel corporal, emocional e social.

CREACIÓN DE COÑECEMENTO

Impulsamos a investigación e a innovación en igualdade de xénero, favorecendo o diálogo e a construción colectiva do coñecemento feminista.

A CASA XOHANA TORRES

Servizo de asesoramento LGBTIQ+

Este servizo municipal está orientado a ofrecer apoio integral ás persoas do colectivo LGBTIQ+ e ás súas familias. O noso obxectivo é proporcionar un espazo seguro e de confianza onde traballar para eliminar discriminacións e barreiras sociais que afectan ás persoas LGBTIQ+ na nosa comunidade.

Que ofrecemos neste servizo?

ATENCIÓN PSICOLÓXICA

Apoio emocional e acompañamento profesional individualizado

Saber máis

Contamos con profesionais para acompañar ás persoas que, pola súa situación persoal, precisen de apoio emocional ou psicolóxico, especialmente en situacións de dificultade relacionadas coa orientación sexual, a identidade e a expresión de xénero. O noso obxectivo é favorecer o apoderamento das persoas usuarias, para que poidan abordar con confianza as cuestións persoais relacionadas coas diferentes situacións que se lles presenten. A promoción da saúde mental, a prevención de problemas psicolóxicos e a loita contra as violencias son as nosas principais prioridades dentro deste ámbito de actuación.

ASESORAMENTO XURÍDICO

Información legal especializada en temas relacionados coa igualdade de dereitos, etc

Saber máis

Ofrecemos información legal especializada en temas relacionados coa igualdade de dereitos, a loita contra a discriminación e a protección legal contra o acoso ou violencia por motivos de xénero ou orientación sexual. Asesoramos ás persoas LGBTIQ+ en procesos legais vinculados ao recoñecemento das súas identidades de xénero, así como en cuestións relacionadas co dereito á igualdade no ámbito laboral, familiar e social.

Acompañamento SOCIAL

Para superar situacións de exclusión ou discriminación, así como orientación sobre recursos dispoñibles

Saber máis

Realizamos acompañamento social para superar situacións de exclusión ou discriminación, así como orientación sobre outros recursos dispoñibles na comunidade, facilitando o acceso á rede de apoio necesaria para promover a súa inclusión e benestar.

Tamén realizamos actividades de sensibilización e prevención, como talleres, charlas e campañas informativas, a través das que buscamos combater a LGBTIfobia e promover o respecto á diversidade sexual e de xénero.

Asesoramento LGBTIQ+​

Como acceder a este servizo?

Para acceder a este servizo, é necesario solicitar cita previa por teléfono (608 710 978) ou enviando un correo electrónico a casaxt@santiagodecompostela.gal

A CASA XOHANA TORRES

Reserva de espazos

Na Casa Xohana Torres dispoñemos de varios espazos para a realización de actividades que promovan a igualdade, a inclusión e a sensibilización social, como obradoiros, charlas, presentacións, encontros, etc.

Como facer unha reserva

Consulta a dispoñibilidade

Accede á nosa Axenda para comprobar a dispoñibilidade dos espazos.

Contacta con nós escribindo a casaxt@santiagodecompostela.gal ou chamando ao 608 710 978 para confirmar a dispoñibilidade no día e horario desexados, indicando o tipo de actividade a realizar (interna ou aberta ao público) e a previsión de persoas asistentes.

Formaliza a reserva

Unha vez confirmada a dispoñibilidade, formaliza a reserva cun mínimo de 4 días hábiles de antelación a través do rexistro electrónico municipal aquí, seleccionando o trámite “Reserva de uso da Casa Xohana Torres” e achegando o modelo IG001 IGUALDADE correctamente cumprimentado. Tamén o podes presentar a través de calquera dos Rexistros administrativos das Administracións Públicas (en modalidade presencial ou electrónica).

Confirmación da solicitude

Unha vez recibida a documentación, recibirás unha confirmación da reserva e das pautas de acceso á Casa, así como algunhas recomendacións sobre o uso das instalacións e o equipamento.

A CASA XOHANA TORRES

Quen pode facer unha reserva?

Pode facer a reserva calquera persoa, colectivo ou entidade que queira realizar actividades sen ánimo de lucro na Casa Xohana Torres. As actividades deben axustarse aos nosos principios e liñas de actuación:

· A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES · A casa XOHANA TORRES

Espazos dispoñibles

SALA 1

Capacidade para 8 persoas. Conta con cadeiras e unha mesa redonda movible

sala 2

Capacidade para 6 persoas.

Conta con cadeiras, unha mesa rectangular movible, un pequeno office con vertedoiro, microondas e quentador de auga

Sala 3

Capacidade para 25 – 30 persoas.

Dispón de ordenador, proxector, pantalla, cadeiras e unha mesa rectangular movible.

Cuestións a ter en conta

Bo uso da casa Xohana Torres

Ademais, a Casa dispón dun vestíbulo xeral e dous aseos, un deles con cambiador de bebés e adaptado para persoas con mobilidade reducida.

Ocupación dos espazos

Axenda

Este servizo municipal está orientado a ofrecer apoio integral ás persoas do colectivo LGBTIQ+ e ás súas familias. O noso obxectivo é proporcionar un espazo seguro e de confianza onde traballar para eliminar discriminacións e barreiras sociais que afectan ás persoas LGBTIQ+ na nosa comunidade.

Contacto

Enderezo

Rúa de Bernardo Barreiro de Vázquez Varela s/n, 15702 Santiago de Compostela

Teléfono

608 710 978
Atención telefónica: luns a venres de 09:00 a 19:00 h

Correo electrónico

casaxt@santiagodecompostela.gal

HORARIO DE ATENCIÓN PRESENCIAL

Luns, mércores e venres de 09:45 a 13:00 h
Martes de 16:00 a 19:30 h

Histórico

1991

Se crea en el Concello de Santiago de Compostela el Servizo de Asesoramento á Muller.

1992

Se institucionaliza el premio de investigación “Xohana Torres”.

Nace con el objeto de contribuir al conocimiento y reconocimiento del trabajo de las mujeres que destacaron en algún área profesional, tanto en la actualidad como en el pasado, en la vida de nuestra comunidad.

1995

Se crea la Casa de Acogida para mujeres víctimas de malos tratos, servicio que ofrece una alternativa de carácter urgente y temporal a mujeres que se encuentran en situación de riesgo personal en la convivencia familiar debido a malos tratos físicos o psicológicos, dando acogida también a sus hijos e hijas.

1999

Se pone en marcha el I Plan Municipal de Igualdad de Oportunidades, creado por la Concellaría da Muller.

Se constituye entre el Concello de Santiago de Compostela y el Centro de Estudios sobre la condición de la Mujer (Alecrín) un convenio de colaboración para crear el primer Centro de Día para mujeres prostituídas, un lugar de referencia y apoyo para todas las mujeres que tuvieron que ejercer o ejercen la prostitución.

2000

Se crea el Consello Municipal da Muller, órgano consultivo cuyo objetivo es garantizar el derecho a la participación de todas as mujeres compostelanas en la vida municipal de la ciudad.

Se inicia un acuerdo de colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela y la Asociación Cultural Andaina de Mulleres.

2001

Se firma el Convenio de Colaboración entre el Concello de Santiago con el Colegio de Abogados de Santiago de Compostela. A través de este Convenio se fijan las condiciones por las que se regirá dicha colaboración de cara a la implantación y funcionamiento de unos turnos especiales de violencia de cara a la asignación de abogados/as de oficio para la asistencia en los juícios de faltas a las víctimas de la violencia que tengan su residencia en el Concello de Santiago.

2002

Se crea el Servicio de Atención Domiciliaria a la Infancia.

2004

Se inicia el desarrollo de talleres de género e igualdad en colaboración con el Consello da Xuventude de la Xunta de Galicia.

El Concello de Santiago de Compostela acuerda la creación de un CIM en virtud del acuerdo de la Xunta de Goberno.

2005

La Xunta de Galicia otorga la acreditación como servicio municipal al CIM de Santiago de Compostela. Pasando a formar parte de la red de CIMs y otros organismos de Galicia que trabajanen la búsqueda del bienestar de todas las mujeres en situación de vulnerabilidad.

El CIM de Santiago de Compostela se une al Servicioo de Tele Asistencia Móvil y comienza a ofertarlo a las mujeres víctimas de violencia de género.

Se inicia la convocatoria de subvenciones para el fomento del movimiento asociativo y de defensa de la mujer. Al mismo tiempo se apoya la creación en las Asociaciones veciñales de las Vocalías de la Mujer.

2008

Cesión del espacio de la Casa de Acogida para Mujeres víctimas a la Xunta de Galicia para la creación del Centro de Recuperación Integral (CRI) para mujeres que sufren Violencia de Género.

Se firma el Convenio de colaboración entre el Concello de Santiago de Compostela y la asociación Cáritas diocesana de Santiago para llevar a cabo el proyecto de piso de acogida: “O noso lar” dentro del programa Vagalume.

2010

Se presenta el Itinerario de intervención con mujeres; una guía que recoje los recursos existentes, y establece y define la actuación de cada institución con el objetivo de prestar atención integral pero simplificada a las víctimas de Violencia de Género.

2013

Tiene lugar la celebración del I Congreso Nacional de Intervención y Prevención de la Violencia de Género.

2014

Tiene lugar la celebración del II Congreso Nacional de Intervención y Prevención de la Violencia de Género.

2015

Se inicia la Campaña 25N. Compostela en Negro.

2016

Se presenta el proyecto: Compostela, Territorio das mulleres. Se diseña el Observatorio de Igualdade de Oportunidades del Concello de Santiago de Compostela.

2017

Constitución de la mesa local de coordinación interinstitucional contra la Violencia de Género del Concello de Santiago de Compostela. Una herramienta operativa en la que estarán representados todos los ámbitos municipales, y otros implicados directa o indirectamente en la lucha contra la Violencia de Género, con objeto de buscar una mayor eficacia de todas las actuaciones a tal fin.

Apertura e inauguración de la “Casa Xohana Torres".

2018

Se crea el Punto Lila de información, un servicio de asesoramiento y atención sobre violencias machistas (psicológicas, físicas y sexuales) que se habilita en celebraciones locales que alberguen gran número de personas, a disposición de todas las mujeres que visiten la ciudad.

Memorias

Memoria CIM Santiago 2025

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2025

Memoria CIM Santiago 2024

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2024

Memoria CIM Santiago 2023

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2023

Memoria CIM Santiago 2022

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2022

Memoria CIM Santiago 2021

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2021

Memoria CIM Santiago 2020

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2020

Memoria CIM Santiago 2019

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2019

Memoria CIM Santiago 2018

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2018

Memoria CIM Santiago 2017

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2017

Memoria CIM Santiago 2016

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2016

Memoria CIM Santiago 2015

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2015

Memoria CIM Santiago 2014

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2014

Memoria CIM Santiago 2013

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2013

Memoria CIM Santiago 2012

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2012

Memoria CIM Santiago 2011

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2011

Memoria CIM Santiago 2010

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2010

Memoria CIM Santiago 2009

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2009

Memoria CIM Santiago 2008

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención 2008

Memoria CIM Santiago 2003-2007

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención de los años 2003 a 2007

Memoria CIM Santiago 1999-2003

Datos contenidos en la solicitud y en la justificación de la subvención de los años 1999 a 2003

Memorias

Memoria CIM Santiago 2025

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2025

Memoria CIM Santiago 2024

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2024

Memoria CIM Santiago 2023

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2023

Memoria CIM Santiago 2022

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2022

Memoria CIM Santiago 2021

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2021

Memoria CIM Santiago 2020

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2020

Memoria CIM Santiago 2019

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2019

Memoria CIM Santiago 2018

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2018

Memoria CIM Santiago 2017

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2017

Memoria CIM Santiago 2016

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2016

Memoria CIM Santiago 2015

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2015

Memoria CIM Santiago 2014

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2014

Memoria CIM Santiago 2013

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2013

Memoria CIM Santiago 2012

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2012

Memoria CIM Santiago 2011

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2011

Memoria CIM Santiago 2010

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2010

Memoria CIM Santiago 2009

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2009

Memoria CIM Santiago 2008

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención 2008

Memoria CIM Santiago 2003-2007

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención dos anos 2003 a 2007

Memoria CIM Santiago 1999-2003

Datos contidos na solicitude e na xustificación da subvención dos anos 1999 a 2003

Histórico

1991

Créase no Concello de Santiago de Compostela o Servizo de Asesoramento á Muller.

1992

Institucionalízase o premio de investigación “Xohana Torres”.

Nace co obxecto de contribuír ó coñecemento e recoñecemento do traballo das mulleres que destacaron nalgún eido profesional, tanto na actualidade como no pasado, na vida da nosa comunidade.

1995

Créase a Casa de Acollida para mulleres vítimas de malos tratos, servicio que ofrece unha alternativa de carácter urxente e temporal a mulleres que se atopan en situación de risco persoal na convivencia familiar debido a malos tratos físicos ou psicolóxicos, dando acollemento tamén ós seus fillos e fillas.

1999

Ponse en marcha o I Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades, creado pola Concellaría da Muller.

Constitúese entre o Concello de Santiago de Compostela e o Centro de Estudios sobre a condición da Muller (Alecrín) un convenio de colaboración para crear o primeiro Centro de Día para mulleres prostituídas, un lugar de referencia e apoio para todas as mulleres que tiveron que exercer ou exercen a prostitución.

2000

Créase o Consello Municipal da Muller, órgano consultivo cuxo obxectivo é garantir o dereito á participación de todas as mulleres compostelás na vida municipal da cidade.

Iníciase un acordo de colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela e a Asociación Cultural Andaina de Mulleres.

2001

Fírmase o Convenio de Colaboración entre o Concello de Santiago co Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. A través deste Convenio fíxanse as condicións pola que se rexerá dita colaboración de cara á implantación e funcionamento dunha quenda especial de violencia de cara a asignación de avogados/as de oficio para a asistencia nos xuízos de faltas ás vítimas da violencia que teñan a súa residencia no Concello de Santiago.

2002

Créase o Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia.

2004

Iníciase o desenvolvemento de obradoiros de xénero e igualdade en colaboración co Consello da Xuventude da Xunta de Galicia.

O Concello de Santiago de Compostela acorda a creación dun CIM en virtude de acordo da Xunta de Goberno.

2005

A Xunta de Galicia outorga a acreditación como servizo municipal ao CIM de Santiago de Compostela. Pasando a formar parte da rede de CIMs e outros organismos de Galicia que traballan na procura do benestar de todas as mulleres en situación de vulnerabilidade.

O CIM de Santiago de Compostela únese ao Servizo de Tele Asistencia Móbil e comeza a ofertalo ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

Iníciase a convocatoria de subvencións para o fomento do movemento asociativo e de defensa da muller. Ao mesmo tempo apoiouse a creación nas Asociacións veciñais das Vogalías da Muller.

2008

Cesión do espazo da Casa de Acollida para Mulleres vítimas á Xunta de Galicia para a creación do Centro de Recuperación Integral (CRI) para mulleres que sofren Violencia de Xénero.

Fírmase o Convenio de colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela e a asociación Cáritas diocesana de Santiago para levar a cabo o proxecto do piso de acollida: “O noso lar” dentro do programa Vagalume.

2010

Preséntase o Itinerario de intervención con mulleres; unha guía que recolle os recursos existentes, e establece e define a actuación de cada institución co obxectivo de prestar atención integral pero simplificada ás vítimas de Violencia de Xénero.

2013

Ten lugar a celebración do I Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero.

2014

Ten lugar a celebración do II Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero.

2015

Iníciase a Campaña 25N. Compostela en Negro.

2016

Preséntase o proxecto: Compostela, Territorio das mulleres. Deséñase o Observatorio de Igualdade de Oportunidades do Concello de Santiago de Compostela.

2017

Constitución da mesa local de coordinación interinstitucional contra a Violencia de Xénero do Concello de Santiago de Compostela. Unha ferramenta operativa na que estarán representados todos os ámbitos municipais, e outros implicados directa ou indirectamente na loita contra a Violencia de Xénero, co obxecto de procurar unha maior eficacia de todas as actuacións a tal fin.

Apertura e inauguración da “Casa Xohana Torres".

2018

Créase o Punto Lila de información, un servizo de asesoramento e atención sobre violencias machistas (psicolóxicas, físicas e sexuais) que se habilita en celebracións locais que alberguen gran número de persoas, a disposición de todas as mulleres que visiten a cidade.