Actividades | 30 anos con Concha

O 10 de decembro de 2025 cúmprense 30 anos do pasamento de Concha Castroviejo Blanco-Cicerón, escritora, crítica literaria e xornalista de compostelá.

Baixo a idea de popularizar a súa figura, queremos facer realidade o título deste proxecto ‘30 anos con Concha Castroviejo’, transformando o esquecemento nunha merecida reivindicación.

Para iso, levamos a súa figura ás rúas da cidade mediante:

Paseo guiado

Percorrendo  diferentes espazos da cidade relacionados coa autora, coñeceremos un pouco máis a súa figura.

Levaranse a cabo tres sesións guiadas os días:

  • Mércores 10 de decembro ás 18.30 h.
  • Venres 12 de decembro ás 18.30 h.
  • Sábado 13 de decembro ás 12 h.

A actividade é de balde e conta con 30 prazas por sesión, previa inscrición en i.gal/Concha

Xogo de pistas

A modo de xincana damos a coñecer a vida de Concha Castroviejo dunha maneira amable e amena, á par que se percorre a zona vella, centrándonos nas sete portas da antiga muralla de Compostela nas que se basea o libro da escritora El jardín de las Siete Puertas.

Este xogo adaptouse a unha versión online para descubrir os diferentes aspectos da vida da nosa homenaxeada sen saír da casa.

Ambas versións están destinadas a todos os públicos mais están especialmente pensadas para a rapazada de entre 12 e 16 anos e o seu aproveitamento nos centros de ensino.

Xogo de pistas_XardinSetePortas

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.