ATENPRO, un servizo gratuíto e confindencial de teleasistencia para mulleres vítimas de violencia de xénero

Debido a que durante o período do Nadal adoita aumentar a necesidade de apoio por parte das usuarias, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), en coordinación coa Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, lémbranos que existe o Servizo Telefónico de Atención e Protección para Vítimas de Violencia de Xénero (ATENPRO).

Para solicitar este servizo é necesario contactar coa Traballadora Social do Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Santiago, que é a que tramita devandito recurso. Poden facelo no teléfono 660 309 731 ou a través do correo electrónico cim@santiagodecompostela.gal 

Para solicitalo é necesario contactar coa Traballadora Social do CIM

ATENPRO é un servizo gratuíto e confidencial que ofrece teleasistencia especializada a mulleres vítimas de violencia de xénero. Un servizo que proporciona atención inmediata e permanente (24 horas, todos os días do ano) mediante un dispositivo de comunicación, ademais de información e orientación sobre os recursos existentes.

Na seguinte ligazón pódese descargar o material informativo:

ATENPRO_Triptico

Se precisas algúns dos nosos servizos

Podes pedir a túa cita previa

Ou chamar ao noso teléfono

981 542 465

Horario de inverno: de 8 a 15 horas, de luns a venres.

Horario de verán: de 8 a 14 horas, de luns a venres.