NOVAS

Campaña 25N

Campaña 25N

A continuación publicamos o enlace no que podedes descargar a cartelería xeral e especifica da campaña do 25N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Os materiais da campaña pretenden apelar directamente a todas as persoas que os ven coa intención de convidar á cidadanía a reflexionar sobre comportamentos machistas como o mansplaining, sextorsión, insultos e descalificacións. Cada unha destas formas de violencia vai acompañada das correspondentes definicións para aquelas persoas que non estean familiarizadas con elas, e a nivel visual, de alimentos en estado de descomposición que buscan provocar noxo e rexeitamento no receptor/a, e que esta emoción se dirixa tamén contra quen exerce esa violencia. Na segunda fase da campaña, os materiais centraranse no mundo do deporte, como un dos espazos en que o Concello pode promover non só a condena a todo tipo de actitudes machistas, senón tamén unha reflexión sobre a idea de vivirmos en igualdade.

25n-santiago – Cim Compostela

· Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela · O CIM Compostela · Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela · O CIM Compostela · Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela · O CIM Compostela · Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela · O CIM Compostela · Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela · O CIM Compostela · Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela · O CIM Compostela ·· Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela · O CIM Compostela

Novas relacionadas